Terra de Miranda. Un dourado xeolóxico agochado entre ríos e montañas
Lugo 2019
Excursión
11-12 de maio.
Roteiro guiado con límite de prazas.
Inscrición ata o 9 de maio.
Nesta nova edición do xeolodía, a festa de divulgación da xeoloxía, descubrimos a bisbarra de Terra de Miranda, un territorio cheo de fermosos paraxes naturais integrados en dúas Reservas da Biosfera. O xeolodía é un conxunto de saídas de balde coordinadas pola SGE, guiadas por xeólog@s e abertas a todo tipo de público. Co lema “Mira lo que pisas” o seu principal obxectivo é amosar que a xeoloxía é unha ciencia atractiva e útil para a nosa sociedade. Esta actividade tamén pretende dar a coñecer o salientable patrimonio xeolóxico dunha zona, e promover a súa protección e posta en valor. Agardamos que gocedes deste paseo xeolóxico.
Instituciones
Asociación Arrincadeira (Páxina web)
Concello de Meira (Páxina web)
Concello de Ribeira de Piquín (Páxina web)
Guía de campo
Se estas interesado en coñecer esta zona e non podes asistir ao noso xeolodía, podes descargar a guía xeolóxica na seguinte ligazón. Agardamos que vos poda ser útil.
Ruta
O percorrido escollido consta de seis paradas, das que na guía se describen os seus aspectos xeolóxicos máis salientables.
Inscripción
Francisco Canosa canosa@usal.es
Podes escoller entre o sábado 11 e o domingo 12, posto que o percorrido é o mesmo. As inscricións comezarán o sábado 27 de abril no caso de asistir o día 11, mentres que o domingo 28 de abril iniciarase a inscrición para o día 12. Inscricións ata o 9 de maio no seguinte formulario online:
